miércoles, 8 de diciembre de 2021

A Revolución rusa

En 1917 tivo lugar en Rusia un proceso revolucionario que puxo fin á autocracia zarista e culminou coa instauración do primeiro réxime socialista do mundo. A Revolución rusa representou o nacemento da Rusia moderna e a concreción dun modelo económico e social que se converteu en punto de referencia obrigado do movemento comunista mundial. O líder revolucionario máis importante foi Lenin.

O precedente atopámolo na revolución de 1905 que comezou co chamado Domingo Sanguento. O 22 de xaneiro unha manifestación de miles de obreiros dirixiuse ao palacio de Inverno, residencia do tsar en San Petersburgo. A cruenta disolución da manifestación efectuada polo exército provocou a protesta dos partidos da oposición ao tsarismo (actuaban na clandestinidade), que conseguiron que o tsar establecese un Parlamento (a Duma) encargado de elaborar unha constitución liberal. Outro dos episodios máis coñecidos deste período revolucionario foi o motín do acoirazado Potemkin.



No hay comentarios:

Publicar un comentario