Para entender a orixe do protestantismo hai que repasar a historia
de Europa do século XV e XVI. Para financiar a construción da
basílica de san Pedro no Vaticano, o Papa León X mandou predicar
unhas indulxencias, que permitían reducir as penas polos pecados a
cambio de diñeiro. Un monxe alemán profesor de teoloxía na
universidade de Wittenberg chamado Martín Lutero, en 1517, denunciou
estas prácticas e colgou na porta da igrexa desa localidade as súas
95 teses sobre as indulxencias, que eran unha dura crítica sobre o
tema. Desafiaba a autoridade do Papa, cuestionaba a forma de vida da
xerarquía eclesiástica e propoñía unha volta aos valores
orixinais da igrexa. Era o inicio da Reforma.
Para obter máis información pulsa sobre a imaxe que aparece a continuación:
Para obter máis información pulsa sobre a imaxe que aparece a continuación: