LUCY, A NOSA DEVANCEIRA
Lucy, a famosa
Australopithecus afarensis, devanceira dos humanos modernos, vivía
fai 3,18 millóns de anos na actual Etiopía. Trátase dun dos
especímenes máis famosos pola súa importancia na árbore da
evolución humana e agora, grazas a un estudo da Universidade de
Texas en Austin (Estados Unidos), sabemos algo máis sobre ela:
probablemente caeu dunha árbore moi alta e morreu rapidamente.
Os investigadores escanearon o 40% do esqueleto de
Lucy. Grazas a estas imaxes puideron observar que o extremo do húmero
dereito está fracturado. A lesión era compatible cunha fractura de
húmero proximal en catro partes, causada por unha caída desde unha
altura considerable que Lucy tentou parar estirando o brazo. Ademais
observaron outra proba: a fractura da primeira costela, o cal cadra
perfectamente cunha caída desde esa altura. Pero, por que estaba
subida a unha árbore antes de morrer? Ao ser pequena –medía pouco
máis dun metro e pesaba uns 27 quilos- debeu buscar refuxio nocturno
nas árbores, lonxe de predadores que poderían acabar coa súa vida,
e pola razón que fose caeu da árbore.
No hay comentarios:
Publicar un comentario