viernes, 31 de octubre de 2014
sábado, 26 de abril de 2014
jueves, 28 de noviembre de 2013
A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
A partir do século XVIII
iníciase en Europa un proceso de cambio económico chamado a revolución industrial. Este cambio producirá a desaparición da sociedade
tradicional baseada no rural e controlada pola nobreza e a aparición da
sociedade moderna, baseada na industria e no control doutra clase
social, a burguesía. É a orixe da nosa sociedade actual.
Non só foi un cambio económico senón que provocou a transformación da vida dunha época: clases sociais, demografía, mentalidade, costumes...
Non só foi un cambio económico senón que provocou a transformación da vida dunha época: clases sociais, demografía, mentalidade, costumes...
O inicio da industrialización. encóntrase na Inglaterra de mediados do século XVIII, onde por
vez primeira se empezan a utilizar novas fontes de enerxía e novas
máquinas que producen unha gran mellora na produtividade
industrial.
lunes, 25 de noviembre de 2013
AS REVOLUCIÓNS BURGUESAS
As revolucións burguesas iniciaronse a finais do século XVIII coa Independencia das trece colonias británicas na costa Leste de América do Norte e o nacemento de EE.UU, ainda que a Revolución Francesa foi a principal e o modelo seguido polas seguintes.
Foron procesos dirixidos pola burguesía contra o absolutismo monárquico e as clases privilexiadas (nobreza e clero). As causas principais das mesmas foron:
- O descontento de todos os grupos sociais que forman o Terceiro Estado pola desigualdade nos dereitos e a pobreza xeral. A burguesía (clase con alto nivel económico e cultural) foi o grupo do Terceiro Estado máis descontento cun sistema que o excluía do poder, asfixiábao a impostos e freaba o seu enriquecemento.
- As ideas da Ilustración Francesa (Rousseu, Voltaire e Montesquieu) que rexeitaban o sistema vixente.
O obxectivo das revolucións burguesas foi rematar coas estruturas do Antigo Réxime e implantar un
estado liberal (sistema político constitucional que establece a igualdade ante a lei dos cidadáns e os seus
dereitos individuais -vida, propiedade, liberdade, pensamento, etc.; pero a burguesía é quen controla o poder
grazas ao sufraxio censitario), unha economía capitalista (liberdade da actividade económica -de industria, de
comercio, de traballo, etc. - e propiedade capitalista da terra) e unha sociedade de clases na que as diferenzas se
establecen segundo a riqueza, non baseadas no nacemento como na sociedade estamental.
martes, 14 de mayo de 2013
lunes, 6 de mayo de 2013
sábado, 27 de abril de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)