Mostrando entradas con la etiqueta Napoleón Bonaparte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Napoleón Bonaparte. Mostrar todas las entradas
domingo, 12 de noviembre de 2017
lunes, 25 de noviembre de 2013
AS REVOLUCIÓNS BURGUESAS
As revolucións burguesas iniciaronse a finais do século XVIII coa Independencia das trece colonias británicas na costa Leste de América do Norte e o nacemento de EE.UU, ainda que a Revolución Francesa foi a principal e o modelo seguido polas seguintes.
Foron procesos dirixidos pola burguesía contra o absolutismo monárquico e as clases privilexiadas (nobreza e clero). As causas principais das mesmas foron:
- O descontento de todos os grupos sociais que forman o Terceiro Estado pola desigualdade nos dereitos e a pobreza xeral. A burguesía (clase con alto nivel económico e cultural) foi o grupo do Terceiro Estado máis descontento cun sistema que o excluía do poder, asfixiábao a impostos e freaba o seu enriquecemento.
- As ideas da Ilustración Francesa (Rousseu, Voltaire e Montesquieu) que rexeitaban o sistema vixente.
O obxectivo das revolucións burguesas foi rematar coas estruturas do Antigo Réxime e implantar un
estado liberal (sistema político constitucional que establece a igualdade ante a lei dos cidadáns e os seus
dereitos individuais -vida, propiedade, liberdade, pensamento, etc.; pero a burguesía é quen controla o poder
grazas ao sufraxio censitario), unha economía capitalista (liberdade da actividade económica -de industria, de
comercio, de traballo, etc. - e propiedade capitalista da terra) e unha sociedade de clases na que as diferenzas se
establecen segundo a riqueza, non baseadas no nacemento como na sociedade estamental.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)